INORDE

O INORDE (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) é un organismo integrado na Exma. Deputación Provincial de Ourense cuxas funcións se basean na promoción e defensa do tecido económico de Ourense.

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, pertencente ao INORDE, nacido en 1998 para asesorar ao sector agrario da provincia. Pola nosa localización, enfocámonos en experiencias sobre cereal, pataca e outros cultivos extensivos. Realizamos análise de solos e recomendacións de fertilización, loitamos contra problemas fitosanitarios, transformación e calidade dos produtos agrarios e todas aquelas cuestións que o sector agrario necesite.

Sitio Web

 

María Muinelo

Máis de 10 anos como Soporte e Asesoramento Técnico ao agricultor, especialmente en temas relacionados coa correcta nutrición dos cultivos e a súa relación co medio ambiente. Ademais, especialización en determinación e control de pragas en campos de pataca. Actualmente cursando o “Máster en Ciencias Agroambientais e Agroalimentarias” da Universidade Autónoma de Madrid. Recentemente, participou en varios proxectos europeos como LIFE REXENERA LIMIA e PROMERCADO.

Participación en WP2, WP3 e WP8. Contacto directo con axentes do sector agrario. Coordinación de actividades dirixidas á expansión tecnolóxica procedente de campos experimentais. Transferencia de información.

lab.centroagrogandeiro@gmail.com

 

Kenia Anta

Máis de 10 anos como Soporte e Asesoramento Técnico ao agricultor, especialmente en temas relacionados coa correcta nutrición dos cultivos e a súa relación co medio ambiente. Ademais, especialización en determinación e control de pragas en campos de pataca. Actualmente cursando o “Máster en Ciencias Agroambientais e Agroalimentarias” da Universidade Autónoma de Madrid. Recentemente, participou en varios proxectos europeos como LIFE REXENERA LIMIA e PROMERCADO.

Participación en WP1 e WP5. Posta en marcha, rastrexo e supervisión de campos experimentais para o control de Globodera spp en cultivos de pataca. Realización de análise de calidade de solos, plantas e cultivos para a determinación de pragas e avaliación de resultados.

lab.centroagrogandeiro@gmail.com

 

Agustín Álvarez

Capataz agrícola. Leva máis de 20 anos traballando como responsable de ensaios de campo na provincia de Ourense.

 

Manuel Carlos López

Máis de 10 anos traballando como persoal de campo. O seu traballo baséase en tarefas de mantemento de ensaios de investigación.

 

Faculty of Sciences
Polithecnic Building
32004 Ourense (Spain)

© SoildiverAgro 2024